Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Afirman que non se están a respectar os dereitos dos pobos indíxenas

Os indios Truká do Brasil ocupan as obras do trasvase dun río

Os indios brasileiros afirman que alén de non se estar a respetar as leis ambientais, tamén están a pisar os seus dereitos  ao situar esta nova obra nun asentamento tradicional.

Redacción - 11:51 06/07/2007

Os Truká volveron ocupar na quinta feira unha área da zona de Cabrobó (Pernambuco), preto do río São Francisco -que fora expropiada aos indíxenas para realizar os labores de trasvase das augas-, e pediron responsabilidades ao goberno de Brasília.

É territorio de ocupación tradicional
De acordo coa asesoría de prensa do Conselho Indigenista Missionário (Cimi), as reivindicacións son a demarcación do territorio que pertence aos Truká e a paralización das obras de trasvase do río São Francisco. Para isto presentaron varias alegacións perante o Ministério da Integração Nacional, o Instituto Brasileiro de Meio Ambiente (Ibama) e a Fundação Nacional do Índio (Funai), pedindo responsabilidades polos posíbeis danos ao ambiente e aos dereitos dos pobos indíxenas.

Os Truká esixen tamén a axilización da demarcación da área como terra indíxena. Mais, de acordo coa Funai, a terra dos Trukás xá está delimitada e regularizada dende 2002, mais existe unha área que está en revisión de límite, que corresponde ao lugar onde están a facer as obras do río.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: