Coa chegada do verán aumenta o labor de vixilancia das zonas arboradas do país para evitar os incendios.
Chega o mes de xullo e con el a temporada de maior risco de incendios. A mocidade que participa no Voluntariado en Defensa do Monte Galego traballa para loitar contra a destrución dos nosos montes, con labores de limpeza e vixilancia. Neste vídeo elaborado por Pedro Carrasco coñecemos como é o labor diario destes voluntarios.