O numero de mulleres que viaxaron ao Reino Unido para acceder abortar diminuíu en 2006, segundo a axencia irlandesa Crisis Pregnancy Agency.
Segundo a axencia, 5.042 mulleres irlandesas abortaron no 2006 en clínicas británicas, 5.585 en 2005 e 6,673 en 2001. A axencia esta a facer un estudo para investigar o numero de irlandesas que viaxan a outros países europeos para abortar.
O aborto é un das realidades silenciosas mais tabú na sociedade irlandesa. A república de Irlanda ten unha das leis mais estritas no mundo con respecto ao aborto.
Actualmente, un aborto so se pode levar adiante cando a continuación do embarazo supon un risco "sustancial e real" para a vida da muller (segundo Doctors for Choice, supón so o 5% de cada 50,000 embarazos).
A prohibición do aborto reforzouse na illa en 1983 cun referendo constitucional. Pero en 1995, o Tribunal Supremo estabeleceu que unha menor, o caso X, baixo custodia do estado, podía viaxar a Inglaterra para abortar, xa que corría risco de suicidio. Grupos de dereita viron o caso X como un incumprimento da prohibición total, resultando en intentos de restrinxilo de novo e organizando unha emenda á constitución en Marzo de 2002.
Co referendo do 2002, os grupos de dereita intentaban incluír na constitución unha prohibición específica no caso de que a muller correra risco de suicidio e reducir a posibilidade de abortar a "non-existente". O resultado do referendo foi axustado pero os grupos de dereita non conseguiron o que se propoñían.
O referendo do 2002 marcou a división rural – urbano. Xa que na maioría das cidades e vilas saíu negativo, mentres que as zonas rurais votaron a favor.
Até o referendo de 2002, centos de mulleres que tiveran abortos formaban parte dun grupo silencioso que non tivera voz ata ese momento. Pero o referendo cambiou a situación e un numero importante de mulleres decidiron facer declaracións públicas sobre as suas experiencias.
Pola primeira vez na historia da illa, o aborto convertíase nun asunto público.
Outro dato positivo foi o nacemento de organizacións para apoiar activamente o dereito da muller a escoller, como Doctors for Choice.
Doctors for Choice veu a cambiar a tradición entre a profesión médica que tiña expresado tradicionalmente opinións conservadoras no caso do aborto.
Estímase que 150.000 irlandesas abortaron algunha vez, o que supón unha de cada dez adultas. O que pon en evidencia unha lei que ignora a realidade das mulleres irlandesas.
A agrupación a favor da liberdade de decidir sobre o aborto Choice Ireland organiza unha manifestación este sábado día 30 de xuño en Dame Street, no centro de Dublín, para apoiar o dereito das irlandesas a decidir.