O propietario dunha bitácora ten a obriga de eliminar calquera contido que pola súa natureza "poida quebrantar a lei".
Carl Bildt, coa responsábel de Exteriores dos EUA, Condoleezza Rice
O fiscal xefe da localidade de Malmö, a terceira cidade máis grande de Suecia, está a levar a cabo unha investigación relacionada co blog do ministro de Exteriores do país, Carl Bildt. O pasado mes de marzo, un lector deixou un comentario onde se chamaba ao xenocidio do pobo palestino. Este non foi retirado até a pasada quinta feira.
A lei estabelece que o propietario dunha bitácora ten a obriga de eliminar calquera contido que pola súa natureza poida constituír un delito. Polo momento, o fiscal xefe, Jörgen Lindberg, non aclarou se ten previsto chamar a declarar ao ministro, cuestión que será decidida en outono, segundo informou Sveriges Radio.