A comunidade internacional e Hesbulá condenaron o atentado do domingo.
O organismo Nacións Unidas fixo público un comunicado no que alerta do perigo dunha espiral de violencia. Logo da morte de seis soldados do exército español nun atentado, témese que os enfrontamentos poidan espallarse por toda a rexión.
A comunidade internacional e o grupo islamista Hesbulá condenaron o ataque deste domingo. Polo de agora segue sen coñecerse os autores do atentado que acabou coa vida dos tres soldados españois e dos tres colombianos, todos membros das forzas españolas. Agárdase que a repatriación dos cadávares se faga efectiva nas vindeiras horas.