A conselleira salienta que a desaparición destas entidades será beneficiosa para o sistema galego de saúde.
"Non ten marcha atrás", explicou a conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, ao respecto da estratexia da Xunta fronte ás fundacións públicas sanitarias deseñadas polos sucesivos gobernos do PPdeG.
Durante a súa participación nunhas xornadas organizadas pola Sociedade Española de Paraplexía, a conselleira foi moi crítica co modelo sanitario despregado polos executivos de Manuel Fraga e asegurou que a eliminación das fundacións será "moi beneficiosa" na mellora da atención aos cidadáns.
A conselleira comentou que o plan do actual goberno é que a mediados de 2008 se produza a súa desaparición completa e o persoal que depende delas pase a integrarse no Sistema Galego de Saúde. Na opinión de María Xosé Rubio nin os propios populares creron nese modelo de xestión.