Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
30 de xuño

O Doutor Who, convidado de honra do día do Orgullo Gai de Londres

Os participantes na festa poderán ver o final de temporada da serie nunha pantalla de televisión xigante.

M. del Río - 18:07 18/06/2007

Os participantes na marcha do Orgullo Gai atopábanse cun serio dilema: o mesmo día do festa, o 30 de xuño, emítese pola BBC1 o derradeiro episodio da temporada do Doutor Who. A serie de culto de ciencia-ficción, que comezou a emitirse en 1963, está considerada un dos programas máis aceptados pola comunidade homosexual británica.

Para resolver o problema, os produtores da serie e mais a asociación Pride London, que organiza a festa, chegaron a un acordo para que o público poida asistir á emisión dese decisivo episodio nunha pantalla xigante en Trafalgar Square.

O episodio, que se titulará O derradeiro señor do tempo, estará comentado en vivo por dous dos actores da serie. Non estará, porén, o protagonista, David Tennant, que recibira o título de “home máis sexy do Universo” polos lectores da revista dirixida ao público homosexual The Pink Paper. A organización conta con que asistan o espectáculo máis de medio millón de persoas.

Un par de temporadas da serie puidéronse ver no noso país a través da Televisión de Galicia, que a emitiu nos seus primeiros anos de historia. Para quen non puidese ver as anteriores e as posteriores etapas, velaquí un vídeo feito por un afeccionado que recolle os dez actores que interpretaron o personaxe durante 44 anos:


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: