Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Duros combates entre os dous grupos

Human Rights Watch acusa a Hamás e Al Fatah de crimes de guerra

Seguen os enfrontamentos entre as principais faccións palestinas. A última hora conta do control de Hamás sobre a maior parte de Gaza.

Redacción - 08:00 14/06/2007

Despois de saír vencedor da maioría de combates na zona, o brazo armado de Hamás publicou este mércores un aviso onde lles esixe aos rivais armados de Al Fatah que entreguen as armas e poñen de prazo as 19 horas deste xoves. Mentres, o conflito parece estenderse de Gaza até Cisxordania.

Un día despois de que Al Fatah decidise deixar o goberno de unidade, os ataques que este mércores realizaron os afíns a Hamás remataron coa toma de poder de varios enclaves controlados pola Autoridade Nacional Palestina. Ademais, tamén causaron a morte de dous traballadores da Axencia da ONU para os Refuxiados Palestinos, a UNRWA. Mentres, Human Rights Watch denuncia que as milicias de ambos os dous grupos son responsábeis de diversos crimes de guerra e acúsanos de asasinar persoas que non estaban implicadas directamente nos enfrontamentos armados, de forzar enfrontamentos no contorno de edificios civís claves como centros de saúde ou de realizar execucións de reféns.

Máis na Axencia Palestina e Haaretz.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: