Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Unanimidade na votación

Consenso para mirar polos galegofalantes do exterior

O deputado nacionalista Bieito Lobeira presentou no Pleno desta terza unha proposición non de lei que conseguiu o apoio de todos os grupos esta cuarta feira, con algunhas modificacións. Poden consultar o texto aprobado no interior.

Redacción - 13:45 13/06/2007
O deputado do BNG Bieito Lobeira

O deputado do BNG Bieito Lobeira

O deputado do BNG Bieito Lobeira anunciou esta terza que o seu grupo reclamará na Comisión de Cultura que unha delegación da Cámara visite as bisbarras do Bierzo, das Portelas, do Eo-Navia, e do Val do Ellas para impulsar o uso do galego.

Lobeira realizou este anuncio tras a presentación dunha proposición non de lei no Parlamento na que reclamaba a revisión e mellora dos convenios de colaboración con Asturias e Castela e León para o ensino do galego nos centros educativos. Tamén solicitaba o seu impulso por parte das entidades locais para a restitución da toponimia, a realización de estudos sociolingüísticos e cursos de galego, rotulación e sinalización e documentación bilingüe.

No mesmo senso, apostou por mellorar a recepción do sinal da TVG e a Radio Galega nas bisbarras limítrofes de fala galega, así como incrementar a cobertura informativa procedente destas zonas. Tamén, reclamou a extensión a estas bisbarras de campañas de fomento da lectura en galego e de promoción deste idioma, así como o apoio e subvención do seu uso escrito ou oral por parte dos medios de comunicación destas bisbarras.

Aprobada con unanimidade na votación

A proposición non de lei foi aprobada esta corta feira unanimemente, aínda que tanto o PSdeG como o PPdeG introduciron transaccións. Concretamente, estas inciden no feito de que as medidas se realicen a través de acordos e convenios coas comunidades de Asturias, Castela e León e Estremadura.

Poden consultar a proposición aprobada no documento anexado.


Documentos

4,83/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: