Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Dirixido por Bocixa

O documental sobre As Encrobas proxéctase en Compostela

A historia da revolta popular da que xa se cumpriron trinta anos poderase ver o mércores no Auditorio de Galicia.

Redacción - 13:14 12/06/2007

As Encrobas. A ceo aberto, documental dirixido polo cercedense Xosé Bocixa, estrearase esta cuarta feira no Auditorio de Galicia, en Compostela. O traballo, que se estreara en Cerceda o 12 de maio, conta o conflito que se produciu nas Encrobas hai trinta anos, cando a poboación se rebelou contra a expropiación forzosa das súas terras.

A obra presenta testemuños de veciños que viviron aqueles feitos, de xornalistas que cubriron a revolta, de responsábeis políticos e empresariais e de expertos que advirten sobre o impacto ambiental da central de Meirama. Pretende ser, por riba de todo, unha homenaxe ás persoas que protagonizaron aquela historia.

A proxección está anunciada para as oito e media do serán, no Auditorio de Galicia, o mércores 13 de xuño. O seu autor ten previsto que se chegue a ver no resto do país e posibelmente tamén a través da televisión pública. Este é o making of:



5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: