A inmigración suma no país o 2,9% do total de cidadáns empadroados, apenas un chisco por riba do 2,7% de Estremadura, pechancelas a nivel estatal.
Son en total 81 mil veciños chegados desde fóra do Estado español, aínda que esa porcentaxe de estranxeiros subiu en 7.267 persoas nos últimos doce meses.
Con todo, ese incremento supón que Galiza apareza, a nivel de comunidades autónomas e segundo as cifras do padrón rexistradas polo INE, como a sétima onde o fluxo da inmigración máis subiu no último ano, un 9,85%. Na cima da lista aparecen Castela-A Mancha e Aragón, con incrementos respectivos do 19,7 e 17,3%.
No conxunto do padrón, Galiza suma 2.771.341 habitantes, só 3.817 máis ca en 2006, amosando o segundo menor incremento no conxunto do Estado, un 0,14%, só por roba do 0,08% de Castela e León e o descenso de Asturias, un -0,21%.