A directiva da equipa decidiu baixar tanto o prezo das entradas para asegurar que a xente acuda a Balaídos para apoiar o Celta ante o posíbel descenso.
"Ante o carácter determinante do partido contra o Xetafe para as aspiracións de permanencia do Celta", en palabras do propio clube, os directivos celestes estebeleceron un prezo único de 2 euros para as localidades da última xornada de Liga, un feito que os afeccionados levaban reivindicando xa hai ben tempo.
Esta iniciativa procura encher o estadio de Balaídos no día do "xuízo final", mais, segundo din dende o Celta, o que queren sobre todo, é "premiar o comportamento dos afeccionados nunha tempada moi difícil". En palabras do clube, que o celta siga a pelexar contra o descenso é debido, en grande medida, ao apoio dos celtistas e é por iso as entradas van custar tan pouquiño, e as dos nenos e nenas van ser de balde, mediante invitación. Os socios non van te que pagar entrada.
Xa se poden ir recollendo as localidades até o sábado. Na fin de semana as entradas serán despachadas na billeteira do estadio.