Collemos a cinco personaxes populares, que ademais che son Celtistas até o fin, e fómoslles preguntando qué farían se fosen presidentes.
Por un lado Julián Hernández, o líder dos Siniestro Total; por outro Manuel Bragado, o director xeral de Xerais; tamén a escaladora Chus Lago; o humorista gráfico Gonzalo; e o colaborador de FútbolGalego.net, Xosé Rei, son celtistas dende sempre, e están algo apenados -algúns- porque pode ser que o Celta vaia descender...
Un a un cóntannos qué farían eles de ser agora mesmo os presidentes e presidentas da equipa galega, e qué farían, se se chegase a producir o descenso, para arranxar as cousas e mailo futuro dos celestes, que, matematicamente, téñeno ben negro.
Julián Hernández: "Non sería presidente do Celta ni gharto de..."