Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comicios lexislativos

A reforma confederal dos democristiáns consegue o favor dos electores en Bélxica

Vitoria para a formación do actual presidente, golpe para os liberais do primeiro ministro, caída dos socialistas e consolidación da estrema dereita.

Redacción - 09:00 11/06/2007

Os democristiáns da CDV liderados por Yves Leterme, actual presidente belga, tiraron das urnas o 18,5% dos votos, porcentaxe que en Flandres chimpou ao 29,6%. Mentres, os democristiáns francófonos do CDH sacaron o 6% do total de votos.

Os liberais flamencos do primeiro ministro, Guy Verhofstadt, VLD, só apañaron o 11,8% dos sufraxios, perdendo até case cinco puntos no conxunto do estado, caída máis significativa no ámbito de Flandres. Por riba deles quedaron os liberais francófonos, o MR, convertidos en segunda forza política co 12,47% dos votos. Mentres, a estrema dereita independendista flamenca, Vlaams Belang, pasa a ser terceira forza, cun 12% de apoios.

Leterme acudira a estes comicios cunha ambiciosa proposta confederal baseada no reforzo do poder rexional, proposta moi cobizada por Flandres, a área máis economicamente desenvolvida e vista con desacougo desde Valonia.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: