O corredor do Froiz revalidou título de campión da Volta a Galicia o domingo n'A Coruña, sen mirar cara atrás.Mentres, o galego David Blanco volvía gañar en Portugal.
Foi un porto de montaña de segunda categoría da última etapa o que decidiu o desenlace final da Volta a Galicia "Camiños Xacobeos". No Alto de Mesón do Vento perfilouse a clasificación final da carreira: o gañador absoluto foi Laguna, o seu compañeiro de equipa, Francisco Villagordo gañou o premio de montaña, e Jesús González levou o premio ao mellor ciclista galego desta proba.
A equipa do vencedor, o Supermercados Froiz, encargouse de facer dura a etapa con ataques constantes na cabezo do pelotón. Tiña tres corredores entre os seis primeiros e calquera das bazas valía para levar a Volta para a casa. Os ataques en cabeza foron constantes durante toda a xornada. Laguna controlou aos que lle permitían gañar a Volta, sen quitarlles ollo, e cedeu ante os corredores que loitaban só pola etapa. O sprint final foi para o colombiano Luis Romero, do Cafemax–Marin, e por detrás, encabezando o segundo grupo, Óscar Laguna, sen ollar cara atrás nin unha vez en toda a etapa, conseguiu a súa segunda victoria absoluta na Volta a Galicia. A súa tamén foi proclamada a mellor equipa da rolda galega.
O compostelán David Blanco vence na súa segunda volta portuguesa
Coincidindo co remate da Volta Ciclista a Galicia, o corredor da equipa portuguesa Duja-Tavira vencía na Volta o Sotavento Algarvio.
A proba celebrouse durante toda a semana, e Blanco conseguiu gañar ao se impor na contra-reloxo que se disputou na tarde do sábado, e non tivo grandes problemas para defender a súa camisola amarela na xornada do domingo nunca última etapa da competición que se resolveu o sprint.
Con esta victoria, o corredor do Duja Tavira logra o seu segundo triunfo nunca proba lusa no que vai de ano e pasa a liderar o ranking da Asociación de Ciclistas Profesionais Portugueses.