Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

Comeza en Monforte a Volta a Galicia

Na tarde da cuarta sae da cidade luguesa para terminar o día 3 de xuño n'A Coruña.

Redacción - 09:22 30/05/2007
A volta sae de Monforte na cuarta e chega á  Coruña o domingo

A volta sae de Monforte na cuarta e chega á Coruña o domingo

Ás 13:30 horas da cuarta feira comeza a Volta a Galicia Elite e Sub-23, na que participarán os mellores corredores galgos e estatais destas categorías. A proba galega conta coas varias etapas: unha primeira en Monforte; unha segunda en Melón; a terceira en Viveiro; unha penúltima en Cangas para terminar n'A Coruña.

Cada día a chegada do pelotón está prevista para as 18:00 horas nas tres primeiras etapas, e ás 13:30 horas na última. Arredor da rolda galega celebraranse numerosas actividades, como cursos de formación para ciclistas, charlas e coloquios. -nos que participarán membros da equipa galega, o Karpin Galiza- e xogos para as crianzas nos puntos de meta.

O favorito deste ano para levar a victoria na rolda galega, vendo as súas progresións no último ano, é o Supermercados Froiz, que tentará revalidar a victoria conseguida o ano pasado con Óscar Laguna. O ciclista, que estivo seis años en profesional, é o máximo candidato á victoria final.

Algúns gañadores ilustres na rolda galega

Na Volta a Galicia tivo varios gañadores moi coñecidos, tanto en nivel profesional como amateur; entre eles cóntanse Vicente Belda, Delio Rodríguez, Jesús Blanco Villar, Miguel Indurain, Abraham Olano e Marcos ­Serrano, que gañaron nalgunhas edicións. En Elite y Sub 23 teñen gañado corredores coñecidos como o actual ciclista del Karpin Galicia Luis Fernández Oliveira.

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, estará no punto de saída da primeira etapa Monforte-Monforte.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: