Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Publicación colectiva

Un pirata para libre descarga

Na rede, para todo o mundo e de balde, como non podía ser doutro xeito. O Pirata, artefacto de apoio ao Cineclube de Compostela, xa está dispoñíbel na súa web grazas ás Brigadas de Intervención Rápida George Grosz.

Lara Rozados - 13:36 30/05/2007

Preto de vinte persoas colaboran cos seus textos na creación deste "artefacto", nado para apoiar ao Cineclube de Compostela no momento que está a vivir, por mor da demanda de Pablo Llorca, en representación de Cámara Oscura Producciones, de que lle sexa pagada certa cantidade de cartos en concepto de supostos dereitos de emisión, pola exhibición dunha copia do filme Terra Negra, de Ricardo Íscar, que lle facilitada polo propio director ao Cineclube.

Agora poderemos descargalo de balde na rede, tanto na web do Cineclube como nesta mesma noticia, grazas ás Brigadas de Intervención Rápida George Grosz: "dende a súa célula operativa na cidade que vota descontroladamente a Gerardo Conde-Roa (aka Santiago de Compostela), veñen de realizar unha acción coincidente co xuízo celebrado o pasado 10 de maio no xulgado mercantil da Coruña en que se enfrontaron o Cineclube de Compostela e Cámara Oscura Filmes. A intervención consistiu no repartimento de 100 exemplares fotocopiados do artefacto titulado Pirata. Facémoslles chegar un exemplar dixital do mesmo para a súa libre distribución onde lles praza. Socialismo ou morte. Brigadas de Intervención Rápida Gerge Grosz."


Ligazóns

5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: