Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A dereita rexeita o "Día do Detido Desaparecido"

Un banco de ADN gardará a información xenética dos desaparecidos na represión chilena

O líder da oposición carga contra as iniciativas pola recuperación da memoria e di que en Chile "non houbo carnicería".

Redacción - 08:00 23/05/2007

A presidenta chilena, Michelle Bachelet, anunciou a conmemoración de agora en diante do Día Nacional do Detido Desaparecido, a celebrar cada 30 de agosto e en memoria das vítimas da ditadura de Augusto Pinochet. Ao tempo, insistiu en que o seu goberno non apoiará a Lei de Amnistía de 1978 promulgada por Pinochet e non apoiará a prescripción dos delitos de lesa humanidade.

Desde a dereita, o presidente da formación opositora Renovación Nacional, Carlos Larraín, cualificou de "arqueoloxía política" a idea, defendeu as presuntas bondades do goberno de Pinochet falando de "episodio político de lento desenvolvemento".

Máis en La Tercera e El Mercurio.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: