Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Doce meses desde a separación de Serbia

Montenegro celebra o primeiro ano de independencia

O 21 de maio de 2006 os cidadáns acordaban en referendo a fin do camiño xunto á veciña Serbia.

Redacción - 08:00 21/05/2007

Durante os actos de conmemoración deste aniversario, o presidente do país, Filip Vuianovic, subliñou o orgulloso por "realizarmos o soño dos nosos antepasados" e destacou a baixa conflitividade do proceso onde se conseguiu "manter a cooperación cos nosos veciños".

Como retos cara ao futuro indicou que Montenegro ten a determinación de "ser socio de pleno dereito da OTAN e da Unión Europea". Nese desafío asegurou confiar en ter o apoio "do noso aliado, Estados Unidos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: