Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

BNG: Cooperación "intelixente" fronte a "caridade"

"Son necesario alcaldes colaboradores, como o será Roberto Mera, e non boicoteadores, como os do PP", dixo Anxo Quintana en Ponteareas.

Redacción - 09:00 20/05/2007

"O Bloque vai á capital do Estado non é para facerse a foto diante da Cibeles, senón para reclamar o que é dos galegos", afirmou o voceiro nacional do BNG este sábado no mitin de Ponteareas. "Non pedimos caridade, senón que se invista aquí o que se recada", subliñou lembrando os "máis de sete mil millóns de euros que o goberno español recada en Galiza". Quintana defendeu que a súa formación "fai política realista", mentres "outros fan propaganda".

"Tivo que chegar o BNG á Xunta para educar a Madrid no respecto por Galiza", asegurou, indicando que o goberno español está obrigado a traspasarlle a Galiza 60 millóns "en pagamento da débeda histórica", e subliñando que o BNG "conseguiu que se nos paguen, para o resto deste ano, dezanove millóns".

Quintana destacou que o BNG teña como estrela de seu programa "as políticas sociais", facendo repaso de iniciativas do Consorcio Galego de Servizos Sociais e acusou os alcaldes do PpdeG de confundir a Casa do Concello e os seus usos normais "cun castelo e os usos feudais da Idade Media".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: