Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Compostela o martes 15

Manel Fuentes nos "Encontros do Club"

O coñecido presentador de televisión achegaranos ás súas técnicas para crear formatos de entretemento tendo a información como base.

Redacción - 11:53 14/05/2007

Este martes 15, ás 20.00, a Aula Sociocultural Caixa Galicia compostelá acolle a próxima cita do ciclo "Os encontros do Club", orgagnizado polo Club Internacional de Prensa da Secretaría Xeral de Comunicación da Presidencia da Xunta de Galicia. O protagonista é, desta vez, o popular Manel Fuentes. "A información como base do entretemento" abordará a técnica e a análise dos seus formatos audiovisuais, onde sempre tivo como base do traballo a actualidade xornalística.

Xornalista, guionista, director, produtor e presentador de radio e de televisión, formou parte do equipo de Crónicas Marcianas, e, despois, de programas como La noche de Fuentes y Cía e, actualmente, Caiga Quien Caiga. Os seus primeiros pasos na profesión foron na radio, na que continúa co seu programa Problemes domèstics en Catalunya Rádio. Recibiu o Premio Ondas no 2002 e o TP de Ouro como mellor presentador nos anos 2001, 2002 e 2003 por La noche de Fuentes y Cía.

Ademais, admira a Bruce Sprinsteen (a quen tivo o pracer de entrevistar), e cando a súa profesión llo permite sobe aos escenarios coa súa banda, The Springs-Team. Non só pisou as táboas como músico, senón tamén como actor: con outros catro cómicos, ten percorrido varios teatros co espectáculo 5 hombres.com. Ten actuado diante das cámaras de cinema e de televisión (como na serie 7 Vidas), e tenlles "prestado" a súa recoñecida voz a Nigel en Buscando a Nemo ou ao mesmo Rodrigo Díaz de Vivar na versión castelá do filme de animación O Cid: a lenda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: