Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segunda volta dos comicios

Ramos-Horta é o novo presidente de Timor Leste

Co 90% dos votos escrutados, o Nóbel da Paz suma o 73% dos apoios.

Redacción - 08:00 11/05/2007

"Farei todo o posíbel para non traizoar os que votaron por min e non perder a súa confianza", expresou José Ramos-Horta na súa primeira intervención pública despois de coñecérense os avances do reconto. "Van ser cinco anos de traballo duro", subliñou.
A Comisión Electoral anunciou un día antes do previsto os resultados, indicando que a vantaxe de Ramos-Horta facíao virtual vencedor dos comicios, con algo máis de 273 mil votos, o 73%, sobre os 101 mil do seu rival. Ramos-Horta saíra xa como favorito cara a unha segunda volta onde se enfrontaba a Francisco Guterres, quen contaba co apoio do Fretilin, o partido actualmente no poder. A maioría de candidatos da primeira volta expresaran o seu apoio explícito á candidatura do Nóbel, que acudía ás presidenciais co lema "Presidente para os pobres".


4/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: