Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Triatlón

Noia gaña en Lisboa e xa lidera a clasificación da Copa BG

O ferrolán amosou outra vez a súa abraiante superioridade ao entrar na meta con 13’’ de vantaxe sobre o checo Filip Ospaly.

Redacción - 19:01 06/05/2007
Noya, pouco despois de rematar a carreira

Noya, pouco despois de rematar a carreira

Xavier Gómez Noya asinou na tarde deste domingo a súa primeira vitoria da tempada na Copa BG, competición da que é o actual campión. O triatleta galego foi segundo en natación, fixo un bo papel sobre a bicicleta e superou con claridade aos seus adversarios cun fortísimo ritmo na carreira a pé.

Noya cruzou a liña de meta cun tempo de 1:52:21 seguido do checo Filip Ospaly (1:52:53) e do australiano Brad Kahlefeldt (1:52:58). Deste xeito, e logo do seu segundo posto na primeira proba do campionato, o de Ferrol xa é líder da clasificación da Copa do Mundo con 94 puntos.

Iván Raña realizou un tempo de 1:55:21, o que o levou até a posición 26.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: