O triatleta ferrolán disputou un dramático esprín final co australiano Brad Kahlefeldt.
Noya e Kahlefeldt nun intre da carreira disputada este domingo
Xavier Gómez Noya comezou este domingo na localidade australiana de Mooloolaba unha nova participación na Copa BG, proba da que é o actual campión. O galego, que esta fin de semana cumpriu 24 anos, acadou o segundo posto nesta primeira cita da tempada.
Non foi até os últimos metros da carreira cando se decidiu a orde que ían ocupar os favoritos na podio. Malia levar moito máis tempo de adestramento e de competición que Noya, o australiano Brad Kahlefeldt necesitou dun esprín final para superar o galego, que entrou na liña de meta só 3 segundos por detrás do local.
Noya chegou con forzas e ben situado ao treito de carreira a pé, e de feito, foi o primeiro en lanzar un ataque. Só o australiano, arroupado pola súa afección, aguantou o ritmo do actual campión, para finalmente superalo nos últimos 50 metros.
2007 Mooloolaba BG Triathlon World Cup
1. Kahlefeldt, Brad (AUS) 1:49:23
2. Gómez Noya, Javier (GZ) 1:49:26
3. Gemmel, Kris (NZL) 1:49:36