Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación contra as celulosas

Catro mil persoas esixen que Ence e Elnosa marchen da ría de Pontevedra

Os participantes na manifestación convocada pola Asociación pola Defensa da Ría pediron a “desaparición definitiva e inmediata” de Ence e Elnosa de Lourizán.

Redacción - 23:17 05/05/2007

Baixo o lema 'Hoxe Elnosa, mañá Celulosa', os catros mil manifestantes, segundo a organización, iniciaron pasadas as 19.30 horas a marcha a pé dende as alamedas de Pontevedra e Marín para concentrarse ante as plantas das papeleiras.

O presidente da APDR, Antón Masa, destacou en declaracións aos medios que "todas as administracións están dispostas, polo menos en teoría, a sacar a Ence da ría". Nesta liña, apelou á "mobilización social para evitar unha volta atrás" nesta posición política e esixiu ao BNG e ao PSOE que cumpran o "acordo programático" subscrito á súa chegada ao Goberno autonómico.

Pola súa parte, a secretaria do colectivo ecoloxista, María Peón, asegurou durante a lectura do manifesto que "coa lei na man Elnosa tería os días contados" ao carecer de autorización ambiental integrada e "máis pronto que tarde Celulosas terá que seguir o mesmo camiño".

A asociación tamén oponse ao traslado argumentando que "unha nova fábrica de celulosas non ten sitio nin en Pontevedra nin na súa bisbarra". Consideran, ademais, que o momento actual é "un dos mellores" para lograr o seu obxectivo.

Participaron na manifestación varios colectivos sociais, sindicais, e representantes de grupos políticos a excepción do PP. Tamén acudiron representantes das agrupacións de mariscadores do fondo da ría e os alcaldes nacionalistas de Pontevedra e Poio, Miguel Anxo Fernández Lores e Luciano Sobral, respectivamente.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: