Quedan abertas as votacións aos candidatos á canción galega do verán.
O sábado 5 de maio comeza a competición de A polo ghit 2007, o concurso que busca a canción galega do verán e que organizan Vieiros e a Radio Galega. Aínda que o prazo de recepción de temas candidatos xa comezara o 14 de abril, é agora cando os internautas poden comezar a votar e opinar sobre as propostas que se van recibindo.
Todos os artistas do que se queiran ir sumando á proposta, xa saben que teñen até o 21 de xullo para mandar os arquivos de audio das cancións e tamén vídeos, sempre que a calidade de son sexa axeitada. Deberán adxuntarse os datos dos participantes, un breve texto describindo o tema e os intérpretes, a letra da canción e varias fotos da formación.
As pezas poderanse escoitar cada fin de semana no programa Extrarradio da emisora autonómica e durante a semana noutros espazos da Radio e da Televisión galegas. Alén diso, estarán dispoñíbeis para a súa escoita ou descarga na propia web do concurso. O tema vencedor coñecerase o 11 de agosto.
Os arquivos deben enviarse a estes dous enderezos electrónicos:
apologhit@vieiros.com
extrarradio@crtvg.es
Para os que opten por enviar os temas en formato CD, as copias deben chegar a:
Vieiros
Rúa do Pombal, 43, soto
15705 Santiago de Compostela
Radio Galega
San Marcos
15820 Santiago de Compostela