Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Aprobado polo Consello da Xunta

Convenio para promover o galego nos primeiros anos da vida

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Preescolar na Casa renovan a colaboración para continuaren co programa Preescolar na Casa - Educar en Familia.

Redacción - 17:20 03/05/2007

Segundo o convenio, aprobado polo Consello da Xunta, Política Lingüística financiará con 200.000 euros este programa. O obxectivo é promover o uso do galego nos primeiros anos de vida, para que os rapaces e as rapazas de entre 0 a 6 anos medren co galego como lingua habitual. Preescolar na casa desenvolve dende o 77 un programa de educación no medio rural, integramente en lingua galega: grupos de traballo, charlas colectivas e divulgación nos medios de comunicación, son as ferramentas para chegar a 4.150 familias dun 82% dos concellos de Galicia.

As liñas de acción baséanse en incentivar o uso na propia familia: motivar a familias que esperan o primeiro fillo, promover o emprego do galego como medio de comunicación, dar a coñecer materiais e recursos en lingua galega para a educación dos fillos ou incentivar o emprego do galego entre os diferentes sectores e institucións das áreas xeográficas.

Entre as accións relacionadas coa orientación familiar figuran reunións periódicas, charlas destinadas a familias e profesionais da educación ou a elaboración de cinco números dunha revista de contido pedagóxico, ademais do programa de televisión semanal para a súa emisión na TVG, diversos programas de radio ou a participación en diferentes medios de comunicación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: