Unha avaliación de Le Monde outorgoulle a vitoria no enfrontamento televisivo Ségolène Royal diante de Nicolás Sarkozy.
Apenas catro puntos de vantaxe mantén o candidato conservador cara á segunda volta das eleccións presidenciais que se celebrará o próximo domingo 6 de maio. Máis de vinte millóns de espectadores asistiron ao debate que os dous candidatos realizaron este mércores en televisión. Durante dúas horas e media, Royal e Sarkozy tocaron todos os temas posíbeis, da educación ao emprego, pasando pola política sobre inmigración, as xubilacións ou o futuro de Europa.
Segundo unha enquisa de Le Monde, unha maioría de televidentes avaliaron que Royal gañou cota grazas a esta intervención. A prensa francesa coincide en que a candidata socialista se amosou máis agresiva que o seu rival. Con todo, os candidatos non pareceron gardar significativas cartas para este enfrontamento. Royal centrou as intervencións na crítica ao balance do último goberno Chirac, mentres Sarkozy escolleu nalgúns momentos remontarse ao executivo anterior do socialista Lionel Jospin para criticar a Royal.
Poden ampliar en Le Monde e Le Figaro.