Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación en Compostela

A CIG agarda que a folga do ensino sexa maioritaria

Este xoves 3 de maio máis de 14.000 docentes están convocados pola CIG Ensino á folga, co fin de recuperaren a xornada continuada reducida nos meses de xuño e setembro.

Redacción - 18:32 02/05/2007

A CIG-Ensino foi o único sindicato que non subscribiu o luns o acordo coa Consellería de Educación polo que se garante a xornada intensiva a todos os centros que a soliciten o próximo curso. Ás 11.30 horas está convocada unha manifestación na Praza do Toural de Compostela, que finalizará perante a sede da consellería, en San Caetano.

A CIG-Ensino, que representa ao 40% do profesorado do ensino non universitario, segue a manter a convocatoria de folga logo de ratificala nas asembleas comarcais. “Vai ser secundada pola maioría do profesorado”, afirmou Anxo Louzao, secretario xeral do sindicato. “Esperamos que a consellaría teña que rectificar”.

Os Comités Abertos de Estudantes (CAE) manifestaron o seu "total apoio" á folga de mañá, por consideraren que o acordo ratificado o luns entre UGT, CCOO, ANPE, CSIF e STEG e a consellaría "supón a desaparición definitiva da xornada reducida en xuño e setembro (...) e non garante a xornada continuada neses meses, deixando unicamente aos centros o dereito de solicitala".


Documentos

4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: