Os problemas comezaron ás 14.41 horas e prolongáronse até preto das cinco da tarde.
Un fallo no sistema informático que regula o tráfico de Renfe puxo este luns en serios apretos á circulación ferroviaria galega. Os problemas comezaron ás 14.41 horas e prolongáronse até as 16.52. A esa hora, segundo fontes de Renfe, volveu a normalidade a todas as estacións do país.
En principio barallouse a posibilidade de que o sistema informático fallara por mor dunha treboada. Porén, fontes da empresa confirmaron que a orixe do problema estaba no ordenador central de Ourense.