Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS COMICIOS CELÉBRANSE O 3 DE MAIO

Os escoceses afrontan as eleccións autonómicas coa ollada posta na independencia

As enquisas apuntan que os nacionalistas do SNP son os claros favoritos

Redacción - 11:47 27/04/2007
Tags: Escocia UE
Vista do castelo de Edimburgo / Foto: Antonio Martínez

Vista do castelo de Edimburgo / Foto: Antonio Martínez

Europa mira con antención as terras escocesas. O vindeiro xoves 3 de maio os cidadáns deste país integrado no Reino Unido están chamados ás urnas. O Partido Nacional Escocés (SNP) é, segundo todas as enquisas, o favorito. Se os prognósticos se cumpren, os nacionalistas sacarán do goberno autónomo ao Partido Laborista.

Alex Salmond é o líder do proxecto do SNP. A formación ten unha clara vocación europeísta xa que coida que a UE pode ser tamén un bo paraugas para os países pequenos. O que ocorra a vindeira semana na vella nación atlántica non vai pasar desapercibido para outras que están nunha situación semellante.

Aínda que a independencia para moitos é unha cuestión da que non queren ouvir nin falar, as discusións xa comezaron: Se Escocia se independiza tería que renegociar a súa entrada na UE? O antigo secretario xeral da Comisión Europea, Emile Noel, dixo publicamente que, nese caso, Escocia herdaría as obrigas da súa entrada e non tería que saír da UE.


Ligazóns

4,57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: