Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recuperan vixencia as penas de cadea perpetua

Retíranlle os indultos aos golpistas arxentinos Videla e Massera

A xustiza arxentina declarou inconstitucionais os indultos asinados no seu momento polo ex presidente Carlos Menem.

Redacción - 08:00 26/04/2007

"Os feitos ilícitos que foron levados a cabo no contexto do sistema clandestino de represión introducido pola ditadura militar que usurpou o poder entre 1976 e 1983 resultan insusceptíbeis de seren amnistiados". Dese xeito o afirma a decisión do tribunal que en Arxentina desautoriza o "perdón" que no seu momento promoveu Carlos Menem para os golpistas. Rafael Videla e Emilio Eduardo Massera deberán seguir presos até que morran ou cando menos durante outros vinte anos.

Isto foi posíbel grazas ao recurso que presentara a Asociación de ex Detidos e Desaparecidos e a Liga Arxentina polos Dereitos do Home. O indulto que se bota abaixo tamén beneficiara no seu momento aos militares Roberto Viola e Armando Lambruschini. Deles, só seguen vivos Massera e Videla, que permanecen baixo arresto domiciliario. "Son crimes contra a humanidade, non susceptíbeis de perdón", estabelece a sentencia.

"Existe unha obriga estatal imperativa que deriva do dereito internacional e que consiste en investigar, xulgar e sancionar os responsábeis de graves violacións dos dereitos humanos", indican os xuíces arxentinos, "A necesidade imperiosa de evitar a repetición de tales feitos depende en boa medida de que se evite a súa impunidade e se satisfaga o dereito das vítimas e a sociedade no seu conxunto de accederen ao coñecemento da verdade do acontecido".

Máis en Página 12.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: