Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O presidente George W.Bush di que vetará o proxecto

Os demócratas presionan para que os EUA inicien a retirada de Iraq o 1 de outubro

Coa abstención dos deputados republicanos, a maioría demócrata nas dúas cámaras estadounidenses deseñou un proxecto para a retirada de tropas de Iraq en seis meses.

Redacción - 08:00 24/04/2007
Tags: EUA Iraq

"Sobre Iraq, a maioría dos cidadáns queren unha nova dirección, e nós estamos proporcionándolla", afirmou Parry Murray, senadora demócrata e integrante do equipo negociador que deseñou esta iniciativa.

Harry Reid, líder demócrata no Senado, acusou a Bush de non querer ver a realidade do que está acontecendo en Iraq despois de catro anos e a morte de máis de tres milleiros de soldados estadounidenses. O proxecto demócrata propón unha retirada "gradual" das tropas que comezaría o próximo 1 de outubro. Desde a Casa Branca xa anunciaron que o presidente dos EUA vai vetar "calquera medida que conteña condicións para a recondución da guerra en Iraq".

Recomendámoslles ampliar en The New York Times.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: