Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Récord de participación

Sarkozy sae con vantaxe sobre Royal cara á segunda volta

Os franceses deciden o próximo 6 de maio sobre a presidencia do país. Neste primeiro paso polas urnas, os candidatos da dereita apañaron máis votos ca os da esquerda.

Redacción - 07:15 23/04/2007

Un 31,11% dos votos para Nicolás Sarkozy e un 25,86% para Ségolène Royal. Así se resolve a primeira volta das eleccións presidenciais en Francia, cunha elevadísima participación: un 84,6% dos electores pasou polas urnas. Os dous pasan á segunda volta con boas perspectivas, no caso de Sarkozy cos mellores resultados para un candidato da dereita desde hai máis de trinta anos, e no caso de Royal arredor de cinco puntos por riva da suma dos dous candidatos socialistas de hai cinco anos.

Sumados os votos das diversas opcións que acudían ás urnas este domingo 22 de abril, os candidatos da dereita e estrema dereita tíranlle unha significativa vantaxe entre o favor do electorado aos candidatos que ideoloxicamente se situaban na beira da esquerda.

E con todo, os analistas ven clave a decisión que poidan tomar os votantes que nesta primeira volta lle concederon o voto a François Bayrou, o 18% do total, quen despois de coñecerse o avance de resultados teimou en defender no seu primeiro discurso que "en Francia por fin existe o centro" e que "a política francesa mudou e xa non será coma antes".

Unha sondaxe publicada este domingo pola canle pública France 2 prognostica que na segunda volta Sarkozy gañará co 54% dos votos sobre o 46% que obtería Royal.

Recomendamos ampliar en Le Monde e TF1.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: