Os editores anglófonos desta enciclopedia virtual editaron en directo e en tempo de marca a entrada sobre a matanza na Universidade de Virxinia.
O pasado luns 32 persoas foron asasinados por un estudante de orixe asiático nun campus universitario do Estado de Virxinia nos EUA.
Durante a mañá dos feitos, as noticias chegaban aos poucos e as diferentes versións do ocorrido mesturábanse e confundíanse. Porén, como xa vén sendo habitual, a Wikipedia volveu funcionar como un auténtico xornal grazas ao artigo sobre a matanza que se creou minutos despois de coñecérense as primeiras noticias desde Virxinia.
Neste vídeo podemos observar a evolución da entrada ‘Virginia Tech massacre’ durante as súas primeiras doce horas de existencia.