Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornadas do proxecto Farland en Compostela

O banco de terras darase a coñecer a representantes europeos

Expertos galegos, portugueses, lituanos e alemáns daranse cita no Gran Hotel para expoñer as súas experiencias.

Redacción - 19:33 17/04/2007

O proxecto do banco de terras da Consellería do Medio Rural será o tema central dunhas xornadas onde estarán representantes de varios países europeos. O programa, que forma parte do proxecto europeo Farland, desenvolverase do mércores 18 ao venres 20 no Gran Hotel de Santiago de Compostela e nel participarán expertos galegos, portugueses, lituanos e alemáns.

Galiza estará representada pola consellaría e mais o Laboratorio do Territorio da USC, socios do proxecto do banco de terras. Na xornada do xoves, debaterase o abandono das terras no rural e os instrumentos que se están a poñer en marcha no noso país para evitalo. Entre eles estará o banco de terras, ao que se suman proxectos singulares silvopastorais e de xestión conxunta da terra. Finalmente, presentarase a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Tamén o xoves, ofreceranse as conclusións das actuacións LEADER en Portugal, os modos de xestión e os plans contra os incendios forestais, a desertización e o despoboamento no país veciño, coa presenza de socios alemáns e lituanos.

Previamente, o mércores, expoñeranse diferentes formas de xestión territorial, como a concentración parcelaria ou os bancos de terra, cunha presentación da Axencia Nacional de Terra de Lituania. Por último, o venres elaboraranse as conclusións dos relatorios dos dous dias anteriores.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: