Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PROXECTO COMEZARÁ ESTE ANO EN BISBARRAS DO INTERIOR

O Banco de Terras tardará unha década en abranguer todo o país

A Consellería de Medio Rural estima que o Banco de Terras pode tardar entre oito e dez anos antes de ter presenza en todo o país. O conselleiro, Alfredo Suárez Canal, e o director xeral de Estruturas Agrarias, Xosé Carballido, subliñaronn que será un proceso paulatino no que terán prioridade as bisbarras do interior con maior vocación agrogandeira. O anteproxecto de lei, unha das grandes medidas para dinamizar o rural galego, chega este xoves ao Consello da Xunta.

- 17:40 07/02/2007
Tags:

O departamento que dirixe Suárez Canal confía en que se integren en 5.000 e 10.000 hectáreas de superficie inculta ou en estado de abandono no Banco de Terras. O conselleiro explicou que mentres que en Europa medra o volume de terra cultivábel en Galiza redúcese.

Medio Rural vai priorizar as comarcas do interior con vocación agrogandeira. As previsións son que o parlamento aprobe na primavera a lei e que o Banco de Terras comece a súa andaina en outono. As bisbarras que contan con máis posibilidades de seren pioneiras son as de Xallas, O Valadouro, A Limia e Deza. Todas elas xa avanzaron moito en materia de parcelarias.


5/5 (1 votos)