Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
World Series by Renault

Celso Míguez abraia en Monza ao remontar 23 posicións

O piloto galego saíu desde a última liña por mor dunha sanción e recupero posicións sobre o asfalto até o sétimo posto.

Redacción - 12:08 16/04/2007

Celso Míguez, 23 anos, completou esta fin de semana unha das mellores actuacións da súa carreira profesional no World Series by Renault, competición considerada como a segunda división da Formula 1.

O pontevedrés puntuou no mítico circuíto italiano en ambas mangas e foi ademais o mellor de entre todos os representantes españois. Míguez acadou un espectacular sétimo posto na primeira carreira e un quinto na segunda, o que lle permite marchar de Monza con dez puntos que o sitúan como quinto da clasificación xeral.

Foi na primeira manga onde o galego amosou o seu talento ao volante. Foi penalizado nas clasificatorias por realizar un adiantamento cunha bandeirola amarela e foi obrigado a saír desde a posición 30 na última liña da grella de saída. Malia este contratempo, Míguez non deu por perdida a carreira e recuperou vinte e tres posicións, catorce delas por adiantamentos a outros pilotos.

Na segunda manga, o piloto do Eurointernational saíu desde a cuarta posición pero un problema na caixa de cambios do seu coche impedíronlle pasar do quinto posto final.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: