A empresa Iberdrola ven de presentar unha nova propoposta de aproveitamento hidroeléctrico nos Canóns do Sil. Trátase dunha central de bombeo ubicada no embalse de Santo Estevo, no concello de Parada do Sil de donde se eleva a auga até un encoro artificial de
Esta obra faraónica implica un importante movemento de terras e unha intervención profunda (e nunca mellor dito xa que furaría todo o macizo) nun espazo protexido, provocando un ferinte impacto paisaxístico nun lugar onde é precisamente a paisaxe o seu valor fundamental, foco de atarcción turístico a nível europeo.
Alén disto, este tipo de instalacións de enerxía hidráulica por bombeo agochan unha cara escura no seu funcionamento. Non xeran enerxía neta senón que aproveitan as diferentes tarifas existentes para bombear consumindo enerxía pola noite e turbinar xerando enerxía polo día, e deste xeito beneficiarse das subvencións existentes para as enerxías renovábeis.
É ademáis un feito gravísimo que Ibertrola afirme que esta obra non vai afectar ao Canón do Sil e que constitúe un exemplo de “aproveitamento sustentábel”. É posíbel que entenda que o desenvolvemento sustentábel consiste no seu desenvolvemento, sustentado por todos nós. É doado pretender beneficiarse das subvencións públicas que pagamos todos/as e non deixar ningún posto de traballo na zona. O que sí deixa é unha degradación brutal da paisaxe e das condicións naturais que repercutirá negativamente no turismo da Ribeira Sacra e comprometendo a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
A este respeito, o Sr. Benito Carreño, actual alcalde de Parada do Sil, foi consultado por ADEGA sobre o proxecto, manifestando que o Concello xa aprobara a memoria inicial e alegando que traerá moita riqueza para a zona, pero descoñecendo detalle algún do proxecto. É responsabilidade dos representantes municipais enterarse do que asinan e aproban. A ignorancia e o descoñecemento non xustifica a gravidade das consecuencias deste nefasto acordo. O Sr. alcalde non considerou a repercusión negativa no turismo, nen as consecuencias ambientais do proxecto dunha obra que durante os case 8 anos, vai xerar un escaso volume de emprego, que será práticamente nulo na fase de explotación.
Por este motivo ADEGA quere alertar á veciñanza da Ribeiera Sacra e a toda a cidadanía galega sobre esta desfeita, animando a todos/as a expresar o seu rexeitamento no propio concello de Parada do Sil.