A mobilización, convocada por CIG, queixábase da política de persoal da Consellería da Presidencia.
Un grupo de funcionarios que protestaba en San Caetano contra a política de persoal da Xunta foi desaloxado violentamente por axentes da Policía Autonómica. Vinte dos afectados presentaron unha denuncia cos seus correspondentes partes de lesións.
O sindicato CIG, que convocou a mobilización, cualificou os feitos como “de máxima gravidade” e pediulle responsabilidades e explicacións ao presidente da Xunta pola actuación represiva das forzas de seguridade. Segundo o comunicado, os funcionarios protestaban de xeito pacífico polo seu descontento coa política de persoal do conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu.