Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conferencia na República do Congo

Os pigmeos reúnense para loitar contra a súa discriminación

Denuncian que son explotados, marxinados e mesmo escravizados por outros grupos étnicos.

Redacción - 11:18 10/04/2007
Bailaríns Baka

Bailaríns Baka

Líderes das comunidades pigmeas de toda África central reúnense estas días na República do Congo. A xuntanza pretende denunciar a discriminación que afecta a estes grupos étnicos, ameazados pola explotación dos bosques da conca do río Congo.

Os pigmeos son comunidades indíxenas que viven nos bosques tropicais de África central e que se caracterizan pola súa curta estatura. Moitos deles viven na extrema pobreza, están marxinados dos servizos públicos, son explotados polos terratenentes e mesmo as súas mulleres son vítimas de abusos sexuais. Nalgunhas zonas, os pigmeos pertencen a amos de grupos étnicos bantús veciños.

Os líderes pigmeos debaten como conseguir unha protección xurídica específica que remate coa súa precaria situación. Pero os gobernos dalgúns países africanos refugan recoñeceren os dereitos dos pobos indíxenas, pois pensan que lles podería dar azos á independencia.

A conferencia desenvólvese na vila de Impfondo, situada no segundo maior bosque tropical do mundo, e conta con convidados da Amazonía, do Canadá e de Australia. En declaracións á BBC, o voceiro da ONG congolesa OCDH, Roch Euloge N'Zobo, afirmou que os pobos indíxenas de África central comparten os mesmos problemas de discriminación contra as súas formas de vida e contra as súas culturas.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: