O cántabro do Karpin Galicia destacou no sector de contrarreloxo na que foi duodécimo a 23 segundos do vencedor.
Isidro Nozal concluíu na décimo novena posición da clasificación xeral do Critérium International, proba francesa de dous días de competición coa segunda xornada dividida en dous sectores, o primeiro en liña e o segundo unha contrarreloxo.
O corredor do Karpin Galiza, rematou o sector matinal da segunda xornada a 2’07’’ do primeiro clasificado, o alemán, Jens Voigt. Pola tarde, Nozal fixo un bo papel na crono de pouco máis de oito quilómetros disputada na localidade de Charleville-Mezieres. Neste sector foi duodécimo a só 23 segundos do sueco Thomas Lovkvist, que foi o mellor da sesión cun tempo de 10’01’’. Este resultado permitiulle ao cántabro escalar postos no xeral até a décimo novena posición, a 2’16’’ de Voigt.
Clasificación xeral final
1. Jens Voigt (CSC) 6h.54:57
2. Lövkvist (Franáise del Jeux) a 34
3. Valverde (C. d"Epargne) a 37
19. Isidro Nozal (Karpin) a 2:16
24. Santos González (Karpin) a 2:33
41. David Herrero (Karpin) a 4:49