Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Similar á tecnoloxía WiMax

Intel crea unha rede Wi-Fi con cobertura de até 100 quilómetros

A multinacional ten pensado aplicar esta tecnoloxía en países onde as infraestruturas de comunicación están aínda por desenvolver.

Redacción - 16:43 01/04/2007

Esta semana técnicos de Intel conectaron mediante unha rede Wi-Fi as oficinas que o fabricante de chips ten en San Francisco cos seus laboratorios Space Science Lab, a varios quilómetros de distancia. Segundo os responsábeis do proxecto, conseguírono mediante unha rede convencional pero que utiliza software modificado para acadar unha maior amplitude na transmisión de datos.

Tal e como informa Baquía.com, de momento esta tecnoloxía non está destinada aos mercados europeos ou estadounidenses, xa que a aposta de Intel pasa por impulsar esta iniciativa en países con mercados emerxentes. Deste xeito, xa se confirmou que a finais de ano realizaranse probas en Uganda, Paquistán e outros países con infraestruturas de comunicación aínda por desenvolver.

O novo sistema utiliza un protocolo similar aos das redes WiMax, porén, a principal diferenza radica no prezo da instalación. Unha antena WiMax supón un desembolso de arredor dos 15.000 euros, mentres que unha deseñada para nova rede Wi-Fi ideada por Intel non chegaría pasaría dos 600.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: