Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Preto ou dentro de espazos protexidos

Adega presenta alegacións á instalación de dúas piscifactorías en Carnota e Porto do Son

A asociación ecoloxista denuncia que estas instalacións comprometen a viabilidade ecolóxica de espazos senlleiros da Rede Natura galega.

Redacción - 12:45 01/04/2007

Adega presentou esta fin de semana unha serie de alegacións á instalación de dúas macropiscifactorías en Quilmas (Carnota) e Baroña (Porto do Son). Segundo a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, estes proxectos “son restos dunha planificación sectorial insostíbel e depredadora co patrimonio natural e cultural”.

Sinalan que estes dous casos son consecuencia do “nefasto” Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria aprobado polo Partido Popular e “segue aínda vixente e deitando un regueiro de macropiscifactorías por todo o litoral”.

Deste xeito, desde Adega denúnciase que a instalación de Quilmas ocupa parte do Lugar de Interese Comunitario Carnota-Monte Pindo, “un espazo de alto valor ecolóxico parte de Rede Natura galega”. Lembran tamén que a piscifactoría de Costa Galloufa sitúase a menos de 400 metros do castro de Baroña.

“Estas macroinstalacións, por estar moi próximas ou dentro mesmo de áreas protexidas,
comprometen a viabilidade ecolóxica de espazos senlleiros da Rede Natura galega” sinalan os ecoloxistas, que inciden no impacto negativo destas plantas tanto na terra como no mar.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: