O corredor do Discovery Channel acadou o triunfo na tirada raíña da proba. O mellor do Karpin foi Mosquera, que aguantou o tirón dos estadounidenses e rematou oitavo.
Domínguez na escapada
O madrileño Alberto Contador continúa a demostrar que é o corredor máis en forma do pelotón estatal neste comezo de tempada. Este xoves adxudicouse a cuarta tirada da Volta a Castela e León con remate no alto de Navacerrada logo de disputar un sprint final con Koldo Gil.
O mellor do Karpin Galicia na cita castelá está a ser Ezequiel Mosquera, que entrou na oitava posición a 34 segundos de Contador. Ao líder do conxunto galego nesta proba custoulle manterse nos primeiros postos neste treito debido ao forte ritmo imposto polos corredores do Discovery Channel. Aínda así, o galego mantivo o tipo ante os violentos ataques de Beltrán, Sánchez Pimienta e en especial dos homes do Saunier Koldo Gil e Duval Cobo.
Logo de amosar unha vez máis que unha das súas principais características é a regularidade, Mosquera tentará na quinta tirada recuperar o liderado da clasificación da montaña, que agora lle pertence tamén a Contador.
Outro corredor do equipo gallego, Gustavo Domínguez, tamén foi protagonista ao longo da xornada ao participar durante a primeira parte da tirada nunha escapada de sete corredores.