Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Despois da Asemblea Xeral do 16 de marzo

Nel Vidal é o novo presidente da CTNL

A defensa dos intereses xerais dos e das profesionais da normalización lingüística e a formación continua son os principais retos aos que se enfronta a nova directiva da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua ao longo do 2007.

Redacción - 19:02 27/03/2007
Logotipo da CTNL

Logotipo da CTNL

Durante a Asemblea Ordinaria da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), este venres 16 de marzo en Compostela, tivo lugar a escolla da nova xunta directiva: Nel Vidal Barral (técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, impulsor do programa Literactúa) é o novo presidente. Como secretario queda Xusto A. Rodríguez Río (técnico de normalización lingüística da USC no Campus de Lugo), e como tesoureira mantense tamén Anxos Sobriño Pérez (so Servizo Lingüístico de Xustiza). Os novos vogais son Iván Méndez (lingüista da Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña), Dores Sánchez Alegre (técnica de normalización lingüística da Deputación da Coruña) e Roberto Rielo Iglesias (técnico de normalización lingüística do Concello de Teo), e continúan con este cargo Rosa Moreiras Cuñarro (técnica de normalización lingüística do Concello de Ames), Olga Patiño Abeixón (dinamizadora sociolingüística da Cooperativa Tagen Ata) e Rosario Pérez Magdalena (técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia).

Entre as accións planificadas pola CTNL para este período, é prioritario defender os intereses xerais das persoas que traballan na normalización lingüística e a dignidade das condicións de traballo. Para iso quérese desenvolver un plan de actuación perante as convocatorias de prazas e contratacións para os servizos lingüísticos das administracións públicas. Tamén é fundamental promover a formación continua: un curso de comunicación e mercadotecnia para accións de normalización lingüística, outro sobre a avaliación de tarefas en normalización lingüística, unha xornada sobre servizos lingüísticos e bancos de tempo, ou un curso de xestión administrativa para técnicos/as de SNL e SL na Administración pública son algunhas das propostas. Ademais, continuarase traballando en eventos xa consolidados como os Encontros para a normalización lingüística do Consello da Cultura Galega ou o Curso de dinamización lingüística da Universidade da Coruña.


4,85/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: