Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na madrugada do luns ao martes

A Vía do Salnés reábrese por completo ao tráfico

A Xunta anunciou a fin dos traballos de reparación da VG-4.1, en execución dende o pasado decembro. A estrada continúa en obras para se converter en autovía.

Redacción - 12:05 26/03/2007
A VG-4.1 leva pechada parcialmente dende o pasado Nadal / canalriasbaixas.com

A VG-4.1 leva pechada parcialmente dende o pasado Nadal / canalriasbaixas.com

A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María Xosé Caride, informou na mañá deste luns en Meis da fin das obras de substitución dos tubos metálicos de drenaxe da Vía do Salnés (VG-4.1). Segundo anunciou, a vía reabrirase por completo ao tráfico na madrugada do luns ao martes, a partir das 00.00 horas.

Deste xeito, ponse en servizo o primeiro treito duns sete quilómetros entre a PO-531, nas proximidades da AP-9, e Ribadumia. Este treito únese ao segundo, entre Ribadumia e Sanxenxo, de dez quilómetros, aberto o pasado 12 de marzo, polo que xa se poderá circular polos 17 quilómetros da Vía do Salnés que unen a AP-9 con Sanxenxo.

Precaución
Porén, a conselleira salientou que a Vía do Salnés atópase en obras de desdobramento para a súa conversión en autovía, polo que os seus usuarios deben extremar a precaución.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: