Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Bastante delicado”

Chávez recoñece que Fidel Castro estivo a piques de morrer

O dirixente cubano estivo varios días “en perigo de morte” segundo o seu amigo e presidente venezolano.

Redacción - 12:05 25/03/2007
Chávez segue de preto a evolución de Castro

Chávez segue de preto a evolución de Castro

Hugo Chávez asegurou este domingo que Fidel Castro xa superou a peor etapa da súa recuperación logo da intervención cirúrxica de emerxencia realizada o pasado mes de xullo.

Segundo o mandatario venezolano, Castro “estaba en cama, bastante delicado de saúde” cando lle dixo: “Chávez, eu xa podo morrer, por min non te preocupes, o que non pode morrer es ti”.

Desde a intervención do verán pasado Castro non realizou ningunha aparición en público aínda que, segundo un ministro cubano, “pronto podería retomar un papel máis activo na condución do país”.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: