Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SANCIÓNS DO CONSELLO DE SEGURIDADE

Irán asegura que non cederá ante as “intimidacións” de Nacións Unidas

O ministro de Asuntos Exteriores iraniano di que as sancións van máis alá dos obxectivos do seu programa nuclear e asegura que non farán cambiar a actitude do seu goberno.

Redacción - 10:14 25/03/2007
Tags:
O Consello de Seguridade da ONU aprobou este sábado novas sancións para Irán

O Consello de Seguridade da ONU aprobou este sábado novas sancións para Irán

O Consello de Seguridade de Nacións Unidas aprobou este sábado unha batería de sancións contra Irán por incumprir as esixencias internacionais no referido ao enriquecemento de uranio que está a desenvolver a república islámica.

A resolución, aprobada por unanimidade, esixe que Irán suspenda as súas actividades nucleares e estabelece 60 días como prazo antes de impoñer novas sancións.

Despois de coñecer a resolución, o ministro de exteriores iraniano, Manuchehr Mottaki, criticou ante o consello as “coercións” que están a recibir os membros deste organismo para a adopción da resolución.

Segundo Mottaki, “para dar aparencia de lexitimidade á confabulación, os investigadores da resolución primeiro manipularon o Organismo Internacional da Enerxía Atómica e logo aproveitaron a súa influencia económica e política para presionar o Consello de Seguridade”.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: