Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Propuxeran trasladar todos os presos aos EUA

O equipo Bush frea a intención do secretario de Defensa de pechar Guantánamo

Nas súas primeiras semanas no executivo, Robert M.Gates insistiu en cerrar o cárcere ilegal para que os EUA gañasen "credibilidade" internacional.

Redacción - 08:00 23/03/2007

O núcleo duro á beira do presidente estadounidense impide de momento que as recomendacións de Gates se convirtan en realidade.

Segundo publica este venres o New York Times, Robert M. Gates insistiu en que o buraco de Guantánamo fai "ilexítimo" aos ollos da comunidade internacional a estratexia antiterrorista dos Estados Unidos. Na súa opinión debera ser pechado canto antes.

Gates amarrou ás propias declaracións públicas do presidente George W. Bush, que suxeriu a posibilidade de que a medio prazo os EUA renuncien a manter aberto Guantánamo. Segundo Gates, todos os presos deberan ser trasladados a territorio estadounidense, na convicción de que iso fará máis críbel os procesos xudiciais e debido a que a propia existencia deste limbo alegal "obstaculiza" os esforzos bélicos do goberno Bush.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: